NotaPrensaSalvaterra de Miño abre as portas do novo Museo do Viño primeiramente aos seus veciños.

O Museo está instalado no Castelo de Dona Urraca, comprado e rehabilitado polo Concello.

Faltan os últimos detalles do Museo do Viño, instalado no Castelo de Dona Urraca, comprado e rehabilitado polo Concello, e antes de facer a inauguración oficial, o Concello quere dar prioridade aos veciños salvaterrenses porque “queremos que vós sexades os primeiros en coñecelo e en desfrutar das súas instalacións”, explican nunha carta remitida aos enderezos familiares.

O Concello organiza para os seus veciños unhas xornadas de portas abertas, a través das cales quere dar a coñecer “a grande importancia que supón o viño e a viticultura para o noso Concello e Comarca, non só a nivel económico senón tamén a nivel cultural e histórico”.

Todos aqueles vecinos e veciñas que queiran visitar as instalacións do Museo e o seu contido, só terán que se inscribir no Concello. Para que sexan máis operativas as visitas, faranse grupos de 15 persoas, maiores de 18 anos, con visita guiada a cargo do Gran Mestre da Cofradía do Viño do Condado do Tea, Antonio Alén,  e rematarase cunha pequena cata comentada dos nosos viños e unha degustación con produtos locais.

As visitas realizaranse no mes de febreiro os xoves, venres, sábados e domingos, cunha duración de preto de 2 horas.  Un grupo de 11.00 a 13.00 horas e un segundo grupo de 16.00 a 18.00h, cada día. Os grupos iranse completando por orde de inscrición.

Para inscribirse os veciños só teñen que chamar ao  986 658 126/ 986 658 082/ 986 658 684, no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no propio Concello.

Salvaterra de Miño abre as portas do  novo Museo do Viño primeiramente aos seus veciños

O Museo está instalado no Castelo de Dona Urraca, comprado e rehabilitado polo Concello