Sendeiro

O Concello de Salvaterra de Miño terminou a construción de 27km de sendeiros fluviais polos Ríos Miño, Tea, Mendo e Caselas e publica un folleto que recolle as características de cada un de eles, introducindo tamén os códigos de ubicación QR

O tramo Salvaterra – Tui (Río Caselas) será inaugurado o próximo 9 de febreiro con saída do Parque da Canuda ás 9.30

O Concello de Salvaterra de Miño terminou a construción de 27km de sendeiros fluviais polos Ríos Miño, Tea, Mendo e Caselas e acaba de elaborar un folleto que unifica todas as rutas que hai e que todos poden disfrutar, xa que a aposta deste Concello é coidar e potenciar o seu medioambiente, acercándoo a poboación, temos que aprender a vivir e a respectar o que temos, e como non, polo en valor, e se a iso lle engadimos a potenciación dunha vida san a través do deporte créases unha mestura única.

Nestes últimos meses o Concello estivo traballando na última senda que se incorpora a este conxunto de roteiros, a Senda do Río Miño, que une Salvaterra a Tui – Río Caselas a través de 7,5km e que nos achega a un paisaxe especial e moi singular, e que ademais permitiranos, nun futuro, unir a través de sendas as dúas Eurocidades, Monçao – Salvaterra e Valença – Tui, e que así suman xa máis de 27km de sendeiros polos ribeiras dos noso ríos. Este tramo será inaugurado o próximo 9 de febreiro con saída do Parque da Canuda ás 9.30, todos os que queiran participar terán que inscribirse no 986 658 126 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Seis alternativas, o Sendeiro Municipal do Río Miño, o Sendeiro do Río Uma, o do Caselas, o Sendeiro Municipal Circular de Salvaterra de Miño (con dúas alternativas), o Sendeiro Municipal do Río Mendo e o Sendeiro Municipal do Río Tea, que nos permitirán coñecer o entorno e descubrir diferentes puntos de interese, informándonos tamén das especies que nos podemos encontrar, as árbores e as aves da nosa zona.

Estas rutas están colgadas en Wikiloc, os QR levarannos ao track da ruta, onde todos aqueles que queiran disfrutar con nos do entorno dos nosos Ríos poderán encontrar toda a información detallada destas rutas, que contan cun gran interese medioambiental e con lugares cunha beleza única.

Ven a desfrutar con nos do noso marabilloso entorno, anímaste a empezar!!!

Salvaterra de Miño, todo un concello por explorar!!

 

Enlace a páxina de Wikiloc do Concello de Salvaterra de Miño:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=4228803