- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
23 Abril 2024 14 Visita(s)
Aviso Corte Eléctrico - Domingo 28 de Abril
-
19 Abril 2024 37 Visita(s)
Trampeo Xeolocalizado contra a vespa Velutina
A XUNTA DE GALICIA INSTALA TRAMPEO XEOLOCALIZADO CONTRA A VESPA VELUTINA A TRAVÉS DUN PLAN PILOTO, DA MAN DE INVESTIGADO... -
18 Abril 2024 119 Visita(s)
O SEGUNDO VENRES DE PINCHOTERRA SUPERA TODAS AS EXPECTATIVAS CON MÁIS DE 3000 PINCHOS VENDIDOS
A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos. A I... -
18 Abril 2024 57 Visita(s)
LAZOIRO ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE O PATRIMONIO DEFENSIVO DE SALVATERRA E A MINERÍA ROMANA
A xornada comezará cun coloquio ás 10:00h, na aula da natureza do Parque Público A Canuda, adicado ao sistema defensivo... -
17 Abril 2024 114 Visita(s)
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA AMPLÍA O SEU CATÁLOGO COA COMPRA DE MÁIS DE 50 LIBROS
No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades: a Biblioteca Viaxeira e a presen... -
-
16 Abril 2024 126 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA LEVA A CABO OBRAS DE MANTEMENTO NA PISCINA MUNICIPAL
Trátase dunha posta a punto das instalacións de cara ó verán, concretamente na zona de vestiarios e que se unen as obras... -
16 Abril 2024 63 Visita(s)
A ASOCIACIÓN CULTURAL QUINTA DO PIÑEIRO PRESENTA XVI SEMENTEIRA E MÚSICA
A música galega, os xogos populares e as labores do campo son peza fundamental dunha festa que cada ano atrae a máis púb... -
16 Abril 2024 64 Visita(s)
A ESCRITORA RAQUEL CASTRO PRESENTARÁ AS SÚAS OBRAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA DE MIÑO
A charla forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Libro. Dentro dos actos programados con motivo do... -
10 Abril 2024 152 Visita(s)
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
SALVATERRA DE MIÑO ABRE O PRAZO DO INSCRICIÓN PARA UN SEGUNDO CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS Tras o éxito do anterio... -
10 Abril 2024 178 Visita(s)
I.T.V. Agrícolas
-
10 Abril 2024 133 Visita(s)
SALVATERRA PRESENTA AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
Os días 18, 19, 25 e 26 de abril contaremos cunha Biblioteca Viaxeira, unha actividade que poderán desfrutar nas parroqu... -
09 Abril 2024 127 Visita(s)
Adquirir Rutinas
O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE ARBO, SALVATERRA DE MIÑO E CRECENTE OFRECE UNHA CHARLA PARA... -
08 Abril 2024 253 Visita(s)
MÁIS DE 2000 PINCHOS SERVÍRONSE O PASADO VENRES NO PRIMEIRO DÍA DA RUTA PINCHOTERRA
A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos. O p... -
06 Abril 2024 146 Visita(s)
SENTENZA FAVORABLE PARA O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO VALORA MOI POSITIVAMENTE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA QUE DA... -
05 Abril 2024 129 Visita(s)
SERÁN EN VILACOBA
-
05 Abril 2024 163 Visita(s)
PRESENTACIÓN FESTA DA SEMENTEIRA 2024
Bos días, Dende a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro comprácelles invitalos á presentación da XVI Sementeira e Música... -
05 Abril 2024 255 Visita(s)
ESTE VENRES COMEZA A PRIMEIRA RUTA PINCHOTERRA
Son un total de 26 pinchos elaborados e a un prezo de 2,50 euros os que poden degustar durante os venres do mes de abril... -
04 Abril 2024 143 Visita(s)
AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS
-
04 Abril 2024 181 Visita(s)
ACTA PUNTUACIÓN E PUBLICACIÓN ANUNCIO PARA O POSTO DE AUX.ADMINISTRATIVO
ACTA PUNTACIÓN FINAL PUBLICACIÓN ANUNCIO -
04 Abril 2024 135 Visita(s)
AVISO CORTE DE AUGA
-
03 Abril 2024 177 Visita(s)
ABERTO O PRAZO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS PARA A PRAZA DE “CONDUCTOR”
O Diario Oficial da Provincia publicou as bases para a formación dunha bolsa de Emprego para a praza de “Conductor”. O o... -
27 Marzo 2024 255 Visita(s)
PROPOSTA NOMEAMENTO PARA UNHA PRAZA DE FONTANEIRO
Resultados proceso selectivo. -
-
21 Marzo 2024 353 Visita(s)
ANUNCIO RESULTADOS TEST PARA UNHA PRAZA DE AUX.ADMINISTRATIVO
RESULTADOS TEST PLANTILLA RESPOSTAS -
20 Marzo 2024 319 Visita(s)
ACTA DA PROBA DE GALEGO PARA TRES PRAZAS DE ALBANEIS.
ACTA PROBA ORAL GALEGO. -
20 Marzo 2024 214 Visita(s)
PUNTO LIMPO MÓBIL
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA A LICITACIÓN PARA A COMPRA DUN VEHÍCULO 100% ELECTRICO COMO PUNTO LIMPO MÓBIL O... -
20 Marzo 2024 327 Visita(s)
RELACIÓN APROBADOS E NOMEAMENTO DE DÚAS PRAZAS DE PEÓNS.
RELACIÓN PROCESO SELECTIVO. -
-
-
-
-
14 Marzo 2024 320 Visita(s)
EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS PARA AUTOCONSUMO.
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO LEVARÁ Ó PLENO DA CORPORACIÓN A SOLICITUDE Ó GOBERNO DE ESPAÑA DE MODIFICACIÓN DO REAL... -
13 Marzo 2024 443 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA A PRIMEIRA RUTA PINCHOTERRA
Os consumidores poderán degustar todos os venres do mes de abril un total de 26 pinchos diferentes dos locais adheridos... -
13 Marzo 2024 346 Visita(s)
CURSO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSONAL PARA MULLERES O curso levarase a cabo os sábados... -
-
13 Marzo 2024 295 Visita(s)
RELACIÓN DEFINITIVA DE APROBADOS PARA DÚAS PRAZAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL
PROPOSTA APROBADOS TRIBUNAL ANUNCIO -
11 Marzo 2024 280 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE FONTANEIRO.
ACTA CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN DE MÉRITOS. -
11 Marzo 2024 352 Visita(s)
ACTA VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE AUX.ADMINISTRATIVO.
ACTA VALORACIÓN DE MÉRITOS PREGUNTAS AUXILIARES DECRETO ALCALDÍA -
08 Marzo 2024 259 Visita(s)
Día da Muller
-
08 Marzo 2024 319 Visita(s)
SALVATERRA ORGANIZA UN CURSO DE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA MAIORES
O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia un curso de novas tecnoloxías... -
08 Marzo 2024 285 Visita(s)
RELACION DE APROBADOS E PROPOSTA DE NOMEAMENTO PARA UNHA PRAZA DE PSICÓLOGO/A
RESULTADOS PROBA DE GALEGO -
07 Marzo 2024 291 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE BIBLIOTECARIO/A
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN -
06 Marzo 2024 298 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA 6 PRAZAS DE AUX.ADMINISTRATIVO
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN -
06 Marzo 2024 278 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA DÚAS PRAZAS DE PEÓN ALBANEL
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN. -
05 Marzo 2024 320 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE ORDENANZA
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN -
05 Marzo 2024 419 Visita(s)
SALVATERRA NO CAMIÑO!
Un ano máis o Concello de Salvaterra organiza o Camiño De Santiago (Ruta Francesa). Sendo coñecedores da gran expectació... -
04 Marzo 2024 369 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA 3 PRAZAS DE ALBANEIS
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN -
04 Marzo 2024 416 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE TELEFONISTA/RECEPCIONISTA
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN -
01 Marzo 2024 341 Visita(s)
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACION DE MÉRITOS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE PSICÓLOGO/A
ACTA DE CONSTITUCIÓN E VALORACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA DO ALCALDE DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
A partir do ano 2020 o río Miño será navegable entre Salvaterra e Tui. Esta decisión débese á aprobación de programa Interreg V entre España-Portugal ( POCTEP) 2019-2021. Desta maneira Bruxelas autoriza e subvenciona a navegabilidad do río Miño que vai ser percorrida por barcos turísticos que farán escala nas cidades de Tui, Valença, Monção e Salvaterra. O proxecto será liderado polo Concello de Salvaterra e conta como socios Tui, Valença, Monção así como Turismo de Galicia e a Dirección xeral de Patrimonio Natural @de la Xunta de Galicia e o Ente de Turismo Porto e Norte de Portugal. Este proxecto conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros.
Isto será un gran impulso turístico e económico, especialmente, para o Sur de Galicia e Norte de Portugal cunha poboación aproximada de 1 millón de habitantes. O impulsor da idea de navegabilidad do río Miño foi o Concello de Salvaterra que sempre soñou con crear un ‘pequeno Douro’ neste río Miño que ten a vantaxe de ter dúas beiras de distintas nacionais. Os barcos turísticos permitirán viaxar polo río Miño e, mediante a instalación de pantaláns flotantes, poderanse visitar as adegas e viñedos, castelos, murallas e fortalezas, centros históricos, parques da Natureza, rutas enogastronómicas, pesqueiras do río Miño, Illa de Fillaboa co seu centro de interpretación medio ambiental do río Miño e carreiros e ecopistas.
Este proxecto tamén recolle o aluguer de mini trens turísticos nas eurocidades Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Os tramos das paradas fluviais intermedias estarán unidos por mini autobuses.
Para iso realizaranse obras de adecuación dos espazos próximos nos embarcadoiros co fin de permitir o estacionamento de vehículos particulares, taxis e parque de bicicletas, entre outros.
Esta actividade promoverá o valor natural e paisaxístico do corredor ambiental do río Miño, área clasificada como lugar de importancia comunitaria da Rede Natura 2000, a ambos os dous lados da fronteira. As accións partirán da illa Fillaboa do río Miño espazo singular e de alto interese paisaxístico, situado na desembocadura do río Tea, río Miño e de propiedade do Concello de Salvaterra. Na illa de Fillaboa instalarase un Centro Transfronteirizo de Interpretación Ambiental con exposición permanente e interactiva co fin de dar a coñecer aos visitantes o patrimonio natural e concienciar á poboación para a súa conservación e preservación. Ademais crearase unha Aula de Natureza aberta do río Miño Internacional, complementado cun parque recreativo constituído por un parque de aventura para os máis pequenos e unha zona de lecer e recreo para as familias. Para acceder á illa Fillaboa adquirirase un barco de madeira destinado ás visitas á illa. Ademais recupérase a memoria histórica dos antigos residentes da Illa que efectuaban a travesía nun barco de madeira asegurado a unha corda.
Outros dos traballos consistirá nun inventario da bibliografía e cartografía do patrimonio natural dos dous lados da fronteira, creando un sistema de xestión e de información común e harmonizada. Terá unha páxina web propia e un Geoportal do río Miño Internacional. Inclúe, ademais, un vídeo promocional que dará a coñecer os valores paisaxísticos e faunísticos do corredor medio ambiental do Miño.
Outra das accións comprende será crear unha Ruta Transfronteiriza de Observación da Avifauna con sinalización de dirección e interpretación e observatorios de aves que se colocarán nos principais puntos de visualización.
Formarase un Kit do Observador constituído por unha mochila, auriculares, lapis e unha guía de observación de aves. Este kit estará a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo das dúas eurociudades.
Nunha primeira fase, está prevista a redacción dun estudo para identificar as áreas máis degradadas que necesitan intervención. Acompañado de accións como a erradicación das especies exóticas invasoras que poñen en risco a biodiversidade existente e anticipando as necesidades de recuperación de abrigos e estruturas de reprodución. Contémplase un programa de repoboación da vexetación, da fauna autóctona, tendo en conta o período normal de inundación e o período crítico de nidificación das aves.
Nunha segunda fase, procederase á recuperación e cualificación do corredor fluvial do río Miño Internacional nos territorios españois e portugueses, ao longo das marxes do río e áreas adxacentes dos cursos de auga con accións de limpeza, restauración, retirada dos residuos depositados, vexetación inútil e sedimentos.
Os traballos acompañaranse de programas estables de accións de sensibilización e educación de forma conxunta coa comisión sectorial de educación das Eurociudades co fin de organizar visitas dos centros educativos, con accións nos días máis simbólicos asociados á protección do medio ambiente por exemplo o Día Mundial do Medio Ambiente, Día Internacional da Árbore, entre outros.
Co propósito de implicar á poboación, especialmente aos mozos, crearase un programa de Voluntariado Ambiental.
Por outra banda, preténdese valorizar a existencia de recursos endóxenos e puntos de interese turístico asociados á especificidade da fronteira tales como río Miño, fortalezas da raia, paisaxe natural, patrimonio histórico e cultural das zonas vellas, diversidade cultural e lingüística, contrabando, termalismo, adegas do Albariño e Condado, entre outras, nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.
Nos catro concellos, promocionaranse as oficinas de turismo. Turismo de Galicia e a entidade Turismo Porto e Norte de Portugal crearán unha canle turística do Destino con contidos multimedia, producindo vídeos promocionais, sempre considerando os distintos perfís de turistas e segmentos de mercado de turismo.
Respecto ao enoturismo, organizaranse xornadas enogratronómicas as fins de semana, enoturismo (adegas, Albariños, Condados, Termas, Fortalezas, etc) e paquetes turísticos comúns que permitirá ao turista gozar da diversidade e complementariedade do Destino e así ampliar a súa estadía no Miño.
A nivel externo, situaranse tendas virtuais do Destino en puntos estratéxicos da Euroregión. Esta subregión do Miño farase representar nos grandes certames de turismo da Península Ibérica conxuntamente nos estands de turismo de Galicia e Norte de Portugal.
O Alcalde
Arturo Grandal Vaqueiro