MarchaCiclista

Como é costume nos últimos 31 anos en Salvaterra, o domingo 19 de maio, a ANPA A Lagoa, celebrará a XXXI edición da Marcha Ciclista Popular, por mor da celebración do día das Letras Galegas.

Case 19 kms. de percorrido pola nosa vila para gozar dunha xornada de amigos, familia, deporte e agasallos.

Non só os maiores poden participar neste acontecemento xa que celebraremos unha Pequemarcha para os máis cativos da casa.

Todo isto non sería posible sen a tan importante financiación dos comerciantes de Salvaterra e do noso Concello.

Se queres gozar dunha xornada única facendo deporte, non o dudes: 

¡Anímate e participa!