AccesibilidadO Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar a instalación dunha plataforma salva escaleiras   a través da subvención da Consellería de Presidencia, Administracións e Xustiza para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servicios municipais e fondos propios do Concello, cun importe total de 13.992,00€.

Con esta obra o Concello pretende instalar unha plataforma salva escaleiras Nexo – PTC V65 para dotar de accesibilidade a Casa de Cultura e que todas as persoas poidan acceder aos servicios, cursos e dotacións que alí se encontran. Non nos podemos esquecer que o longo do ano son moitas as persoas que se desprazan ata a Casa de Cultura para cursos, escola de Música, Grupos de Baile, corais, cursos do Concello ou biblioteca municipal. O edificio da Casa de Cultura está ubicado nas inmediacións da Casa do Concello, e funciona como centro multiusos onde se realizan, como ben se acaba de redactar, numerosas actividades. Dada a antigüidade do centro faise preciso mellorar o seu equipamento. Amais e coa intención de mellorala accesibilidade preténdese adquirir este salva escaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir así un acceso total.

Esta plataforma estará instalada nun prazo non superior a dous meses e conta cun sistema de tracción mediante piñon. Cremalleira, brazos de protección, rampas de acceso e plataforma motorizadas, mando de presión, cun ancho de 45 cm e unha capacidade máxima de carga de 250 kg. Conta con sistemas de seguridade con dispositivos anticolisión e aplastamento, micros de seguridade de final de percorrido, limitador de velocidade, plataforma e rampas de acceso a piso antideslizantes e brazos e bandexas de acceso de plataforma automáticos con bloqueo durante o percorrido.