NotaPrensa

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO SOLICITA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A CONTINUIDADE DE BEIRARRÚAS NA EP 4006.

O pasado 30 de setembro o grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño levou ao Pleno da Corporación unha proposta da alcaldía, apoiada por unanimidade por todos os grupos, onde se solicitaba a Deputación de Pontevedra a continuidade de beirarrúas na EP 4006 Ponteareas – As Neves, no trazado antigo, ao seu paso polo CEIP Leirado.

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, expuxo a gran necesidade de acometer esta obra tendo en conta que o CEIP Leirado encóntrase neste tramo antigo da EP 4006 Ponteareas – As Neves, pertencente a Deputación, colexio ao cal diariamente se desplaza un número moi elevado de nenos e nenas andando, e tendo en conta tamén, que nesta estrada existe un tráfico rodado moi importante de vehículos, xa que ademais na zona encóntranse ubicados un número importante de establecementos comerciais.

No seu momento acometérase unha primeira fase de construción de beirarrúas e instalárase un paso elevado de peóns, quedando pendente a segunda fase. Nese sentido o Pleno da Corporación, a petición do grupo de goberno, ven de solicitar a Deputación de Pontevedra que leve a cabo, o antes posible, as obras de urbanización de dúas beirarrúas dende o Colexio ata a intersección coa PO 402, de 260 m na marxe dereita do colexio ao cruce e de 230m na marxe esquerda, e da PO 402 á EP 4006 unha beirarrúa de 320m, co fin de dotala máxima seguridade ao tránsito diario de nenos e nenas que se desprazan ao colexio e dos veciños e veciñas que acoden aos diferentes establecementos que alí se encontran como pode ser o supermercado, a farmacia, ferretería...