PavimentoLouridoFornelosMederA Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, ven de asinar o contrato da obra “Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder” coa empresa adxudicataria do concurso público  Naron SL, financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 e achega municipal con cargo ó orzamento do Concello, por un total de 64.603,11 euros. 


A execución desta obra pretende satisfacer a necesidade de mellora de dous camiños municipais, o primeiro deles atravesa as parroquias de Lourido e Fornelos, discorrendo entre os núcleos de Cotorreal e Enxembre; o segundo localízase na parroquia de Meder, nas inmediacións do núcleo de Codeseda. En ambos camiños o firme actual é de aglomerado asfáltico, atopándose este nun estado notablemente deteriorado. Por iso se plantexa executar unha nova capa de rodadura sobre o paviento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambos camiños. A obra conta cun prazo de execución de 5 meses

MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN LOURIDO, FORNELOS E MEDER

 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, ven de asinar o contrato da obra “Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder” coa empresa adxudicataria do concurso público  Naron SL, financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 e achega municipal con cargo ó orzamento do Concello, por un total de 64.603,11 euros.

A execución desta obra pretende satisfacer a necesidade de mellora de dous camiños municipais, o primeiro deles atravesa as parroquias de Lourido e Fornelos, discorrendo entre os núcleos de Cotorreal e Enxembre; o segundo localízase na parroquia de Meder, nas inmediacións do núcleo de Codeseda. En ambos camiños o firme actual é de aglomerado asfáltico, atopándose este nun estado notablemente deteriorado. Por iso se plantexa executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambos camiños. A obra conta cun prazo de execución de 5 meses