O CONCELLO DE SALVATERRA DARALLE COR AOS ESPAZOS PÚBLICOS A TRAVÉS DUN PROXECTO EDUCATIVO CO IES SALVATERRA

A Alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel,  acordou marcar un proxecto de acción a catro anos para por en valor varios espazos municipais logo de se reunir co Vicedirector do IES Salvaterra, Don Jose Quiroga e a  súa profesora de Arte, Dona Paloma Romero.

O programa ten como obxectivos fundamentais,  por unha banda, a colaboración do traballo directo cos Centros Educativos, e por outra, a implicación dos máis novos na valoración e recuperación dos entornos máis deteriorados da vila, a través de proxectos educativos como decoración de bancos públicos ou expresións artísticas a través de grafitis, da que se encargarán os máis de 20 alumnos e alumnas matriculados nestes intres en Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.  

Os espazos contemplados para a materialización destas actividades que buscan potenciar a nosa historia e cultura favorecendo deste xeito á competencia cívica son inicialmente os pasos da vía do tren e as paredes da zona deportiva das piscinas municiapais. 

ProxectoEducativo