MellorasPO400O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ A CAPA DE RODADURA NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO E AMPLIARA AS BEIRARRÚAS NO CAMPO DA FEIRA

A Alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, asinou o contrato coa empresa Vías e Servizos Compostela SL.  para a mellora da capa de rodadura da PO 400 dende a glorieta existente na Rúa Castelao ata a glorieta da PO 510 coa PO 402 e a propia PO 400, estrada que a Xunta de Galicia ven de traspasar ao Concello,

As obras consisten nunha renovación completa da capa de rodadura e fresado. A pavimentación definitiva estenderase e compactarase nunha capa de rodadura de mezcla bituminosa en quente tipo AC 16surf 50/70 D. Ademáis efectuarase a  limpeza das marxes con apertura de cunetas, e a mellora das beirarrúas na zona do Campo da Feira, co ensanchamento das mesmas a unha distancia de 1 metro en ambos marxes , mellorando a accesibilidade da estrada. Todas estas actuacións, en palabras da alcaldesa,  fanse pensando sempre nos peóns, nas persoas e na súa calidade de vida, facendo unha Salvaterra máis accesible.