Rematadas as obras de mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder, financiadas con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 e achega municipal con cargo ó orzamento do Concello, por un total de 64.603,11 euros.

A execución desta obra viu motivada pola  necesidade de mellora destes camiños municipais, o primeiro deles atravesa as parroquias de Lourido e Fornelos, discorrendo entre os núcleos de Cotorreal e Enxembre; o segundo localízase na parroquia de Meder, nas inmediacións do núcleo de Codeseda. En ambos camiños o firme  estaba en mal estado, motivo polo cal se executou a mellora dos mesmos. 

PISTA1PISTA2