ÁNIMO E FORZA DENDE O CONCELLO DE SALVATERRA
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

EnterroLamprea

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO ENTERRO DA LAMPREA 2020, que se celebrará o próximo 29 de febreiro

O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar que se abre o prazo ata o día 6 de febreiro para realizar as inscricións de participación no ENTERRO DA LAMPREA 2020,  tanto na categoría de  carroza como comparsa, que este ano celebrarase o próximo 29 de febreiro, a partires das 17.00h. Aínda que o Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o  prazo de inscrición.

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. Solo se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa.

Modalidades:

Categoría de Carroza:  Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas que  teñan como mínimo 25 participantes e unhas    dimensións mínimas de  5 m de largo.

Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfrace.

Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600,00€, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.

Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.

A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2020 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Fonte da Vila, dona Urraca e Praza do Concello.

 

iconoPDFBASES ENTERRO DA LAMPREA - ENTROIDO 2020

 

iconoPDFDOCUMENTACIÓN DE INSCRICIÓN.

 

 

FOTO1FOTO2FOTO3

 

Abril 2020
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
CineGratis
LogoRioNavegable
IconoMuseoDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia