Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O IES Salvaterra de Miño entrega ao Concello de Salvaterra de Miño un estudo sobre a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora no casco urbano de Salvaterra de Miño.

Este proxecto foi realizado dentro do Proxecto  Erasmus + KA3, ACT ( Active Citizenship Projects to Enhance Pupils Social and Civic Competenced), Un proxecto de Cidadanía Activa para mellorar as competencias social e cívica.

O estudo é o resultado do traballo do alumnado de 3º da ESO da materia de Valores Éticos. Coordinado polo profesor de Filosofía consistiu nun traballo de campo feito polo alumnado de 3º da ESO no curso 2018-2019, este alumnado foi observando nas rúas do casco urbano as necesidades e barreiras que podían impedir a mobilidade das persoas con algún tipo de discapacidade. Neste curso 2019-2020 acabaron a redacción e a maquetación do proxecto.

O proxecto, denominado “Salvaterra sen Barreiras”, xurdiu despois dunhas xornadas de formación tanto de alumnado coma do profesorado. Unha vez redactado e entregado o estudo ao concello, servirá de base para efectuar as posibles modificacións que se precisen para mellorar a mobilidade en Salvaterra de Miño e contribuír a mellorar a calidade de vida de persoas con algunha discapacidade.

Tal e como vén sendo habitual, a colaboración entre as entidades educativas e o Concello, provocan unha vez máis un proxecto en conxunto que reverte na calidade de vida da veciñanza de Salvaterra., neste sentido a Alcaldesa, Marta Valcárcel, salientou a gran importancia deste tipo de iniciativas, que se enmarcan dentro das liñas de acción do propio Equipo de Goberno que nos últimos meses veñen de invertir na instalación dun salvaescaleiras na Casa de Cultura de Salvaterra, de adaptar os baños, podar as árbores para poder transitar dunha maneira máis segura polas beirarrúas ou a instalación de beirarrúas na PO-400.

foto ies

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia