O Concello de Salvaterra de Miño convoca un ano máis, dentro do seu programa de conciliación, o seu campus de conciliación de Semana Santa os días 6, 7, 8 e 13 de abril en horario de 9.00 a 14.00h, ademais de ofertar tamén o servicio de aula matinal dende as 7.30h, co cal o campamento ofertaría un horario global de 7.30 a 14.00h, para os nenos e nenas nacidos entre os anos 2088 e 2016, co fin de axudar na conciliación da vida familiar e laboral, unha liña de traballo na que este Concello ven traballando dende hai moitos anos.
As inscricións estarán abertas do 16 ao 20 de marzo.
Máis información no Concello de Salvaterra de Miño ou en http://www.concellodesalvaterra.org
Inscricións no rexisto do Concello ou https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal
Bases Campamentos Conciliación.