AtencionREUNIÓN DA COMISIÓN MUNICIPAL DE SEGUIMENTO DA EVOLUCIÓN DO COVID-19

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño ven de reunir a Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid-19, para informar do peche da Ponte Internacional, da reunión de Coordinación mantida coa Garda Civil e a Policía Local e do inicio de desinfección de zonas comúns no termo municipal, enfocado a praza de abastos, Centro Médico, entradas de supermercados, bancos e farmacias, zonas onde se aglutina un maior número de persoas.