AvisoNestes momentos de crise, cuarentena… que nos está tocando vivir e co fin de proporcionar orientación, apoio e contención psicolóxica así como regulación emocional para un maior benestar, o Concello de Salvaterra de Miño pon a disposición de tod@  aquel veciñ@ que o necesite, dende o Departamento  de Servicios Sociais, un teléfono directo coa psicóloga municipal no 617 18 39 32, en horario de 9.00 a 14.00h de luns a venres.

Tamén informama que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pon a disposición dos usuarios o teléfono 981 53 40 49, que estará dispoñible de 10.00 a 14.00 de luns a venres, así como a atención través do mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Ademáis lembramos o teléfono de atención ás Mulleres vítimas de violencia de xénero  016, xa que son un dos sectores da poboación máis vulnerables nesta situación de confinamento na que nos atopamos.