Obras

Unha vez asinado o contrato de suministro para a reposición do céspede artificial no campo de fútbol de “ O Casal” a finais do mes de xaneiro, e despois de que a climatoloxía o permitira, comezan as obras para proceder ao cambio de tapete. Obras que foron adxudicadas por un importe de 157.197,46€, a través do Plan de Obras e Sevizos (Plan Concellos) 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.

As instalación de “ O Casal” vense sometidas a moito uso, xa non só por parte das Escolas Deportivas senón tamén por diversos equipos de fútbol coma o Salvaterra e outros equipos afeccionados e veteranos, ata o punto de que ao longo da semana máis de douscentos deportistas o disfrutan. O plantexamento da reforma foi máis que necesario; trátase da instalación dun novo céspede sintético co fin de dotar aos equipos dun espazo de xogo que cumpra coas condicións idóneas para a práctica deportiva, ademáis de posibilitar a utilización do campo de forma intensiva e de mellorar o seu mantemento.

Nestes intres toda a actividade das Escolas Deportivas coma os entrenamentos do Salvaterra derivouse a outro campo de céspede sintético que ten este Concello na parroquia de Fornelos, co fin de entorpecer o mínimo posible a actividade deportiva do Concello.

As obras consisten na eliminación dos recheos existentes, retirada e xestión do céspede existente, o desmontaxe do canón de riego e a substitución do mesmo por canón emerxente de longo alcance, a colocación dunha base elástica sobre a base de aglomerado sobre a cal se instalará a manta de céspede artificial que será de última xeración.

Con todo, o obxectivo fundamental é que as instalación deportivas de “ O Casal” sexan un referente deportivo en toda a comarca. Xa mesmo, ademais do propio campo os veciños e veciñas de Salvaterra de Miño poden gozar dunha pista de pádel e de dúas pistas de petanca cubertas, dunha pista polideportiva e dun ximnasio biosaudable.