ÁNIMO E FORZA DENDE O CONCELLO DE SALVATERRA
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
  4. COVID-19

BandoMunicipal

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DISTRIBUIRÁ O MATERIAL ENTREGADO POLA XUNTA DE GALICIA ENTRE A EMPRESA DE AXUDA A DOMICILIO MUNICIPAL E O PERSOAL  QUE AGORA MESMO ESTÁ REALIZANDO AS LABORES DE DESINFECCIÓN NO MUNICIPIO

Dentro da liña de traballo que ven realizando o Concello de Salvaterra, que xa leva entregado luvas e xel desinfectante á residencia de Salvaterra, á empresa de axuda a domicilio, tanto municipal como privada, por entender que os nosos maiores son unha prioridade, e por tanto a súa seguridade e a seguridade do seu persoal tamén ten que ser unha prioridade para nos, o Concello de Salvaterra distribuirá o material entregado pola Xunta de Galicia entre a Empresa de Axuda a Domicilio Municipal e o persoal que agora mesmo está realizando as labores de desinfección no municipio

O material que se repartirá serán mascarillas, luvas e buzos, fundamentais para reforzar a protección e a seguridade de todas aquelas persoas que co seu esforzo están axudando a non propagar este virus e a que nos quedemos na casa. Un esforzo que unido a todo o persoal de farmacias, supermercados, panaderías, kioskos....   fan posible que dentro desta excepcionalidade teñamos unha situación o máis normalizada posible.

O agradecemento de todo o Equipo de Goberno a toda esa xente que sigue para que outros poidan parar, recorda  #QuedaNaCasa

 

Julio 2020
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
covid 19
LogoRioNavegable
IconoMuseoDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia