AtencionEsta Alcaldía mantivo contacto telefónico cos representantes da oposición dende o minuto cero. A alcaldesa informou aos dous representantes de todas as medidas adoptadas por mor do COVID-19, incluso antes de ser decretada a Alerta Sanitaria e o Estado de Alarma, xa que este Concello adiantouse co peche das instalacións públicas e a anulación das diferentes actividades tanto públicas como de asociación que se realizaban nelas.

Semanalmente a Alcaldesa chama persoalmente aos dous portavoces do PSOE e BNG para informar das accións máis relevantes.

Dende un  primeiro momento informóuselle que os datos relativos aos positivos ou persoas que se encontraban en cuarentena non eran facilitados polo SERGAS, por temas de protección de datos. Os datos que podía ter este Concello eran os das persoas que voluntariamente se puñan en contacto co Concello, información que sempre se lle transmitiu a oposición dentro da confidencialidade dos mesmos.

O que temos claro é que non podemos dar datos non oficiais, porque consideramos que iso sí sería desinformar, xa que estariamos falando de información imprecisa e dada a situación de angustia e incertidumbre provocada pola propia situación que atravesa o país, é importante ser o máis rigurosos posibles. De todas  maneiras, teñamos ou non persoas contaxiadas todos temos que seguir tomando as medidas preventivas, non relaxarnos.

Con respecto ao positivo da residencia, o único que podemos dicir é que todo o persoal deu negativo, así como os residentes. A único residente/a que deu positivo segundo nos transmite o propio centro foi unha persoa que estivo ingresada no Cunqueiro, seguindo o protocolo aislouse, fixéronselle dous tes  cunha semana de diferencia e deron negativo. A semana pasada fanlle outro e da positivo, a continuación mándase facer un análise de anticorpos que o que di é que pasou a enfermidade, de forma asintomática e dando negativos os anteriores test. Como aínda que deu negativo seguíronse todos os protocolos non houbo que lamentar contaxios.

Con referencia a Monçao, primeiro dicir que é outro país, con lexislación diferente onde os Concellos si teñen competencia en sanidade

Esta Alcaldesa tamén ten que manifestar, que a parte da chamada semanal transmitiulle a oposición que estaba a súa disposición para calquera cousa. O único grupo que se puxo en contacto con nos, a parte da chamada semanal que realiza a Alcaldesa, foi o PSOE para porse a disposición do Equipo de Goberno por se fora necesario, cousa que agradecemos.

Volvo a darlle as gracias ao PSOE pola súa actitude, agora ben, quen queira facer política ou outras cousas será baixo a súa responsabilidade, nos seguiremos na mesma liña, traballando por e para os veciños de Salvaterra de Miño.