ÁNIMO E FORZA DENDE O CONCELLO DE SALVATERRA
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
  4. COVID-19

A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO REÚNESE COS PRESIDENTES DAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA VILA PARA EXPLICARLLES AS MEDIDAS ADOPTADAS, AS ACCIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO E DISEÑAR UNHA ESTRATEXIA CONXUNTA PARA A PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL

Marta Valcárcel Gómez, Alcaldesa de Salvaterra de Miño, reuniuse na mañá do sábado cos presidentes das dúas Asociacións de Comerciantes do municipio para explicarlle as medidas adoptadas ata o momento polo Concello, como o Plan de desinfección, axilizar os pagos a proveedores, os aprazamentos de pagos de taxas e impostos delegados na ORAL e  a entrega de material protección a todos os establecementos que traballan directamente cara o público, consistente en mascarillas, pantallas de protección, guantes e xel desinfectante.

Ademáis informouse das accións que se levarán a cabo nos próximos días, como é o estudio do pago aprazado da taxa de auga e alcantarillado que xestiona directamento o Concello. A instalación de dispensadores de xel desinfectantes en diferentes puntos estratéxicos da Vila, a ampliación do espazo destinado a terrazas, en todos aqueles casos que sexa posible, e a adhesión do Concello a Plataforma de venta online Dbarrio, co fin de potenciar o comercio local.

Por último a Alcaldesa propúxolle as dúas asociacións un plan conxunto de promoción, ademáis de estudar o diseño de diversas accións máis ao longo dos seguintes meses.

ReunionComerciantes

Julio 2020
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
covid 19
LogoRioNavegable
IconoMuseoDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia