Casa do Concello
Apoiando o noso comercio
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
  4. COVID-19

O Concello de Salvaterra de Miño informa das actuacións no centro de homoxeneización de cobertura de TDT de Pazos de Borbén

Para cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de homoxeneización de cobertura do sinal de TDT.

Informámoslle que ditas actuacións realizaranse o próximo luns 22de xuño  no centro de TDT de Pazos de Borbén. Este centro presta o servizo de difusión da TDT para parte da poboación do seu concello. O proceso consiste no apagamento neste centro das frecuencias de emisión actual do múltiple RGE1, e o acendido na nova frecuencia asignada:

  • Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.

Para poder seguir desfrutando destas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica - 881 866 388 - ou na web http://www.tdtgalicia.gal.​ A continuación, bastará con realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

Parroquia Nome entidade Habitantes
PORTO (SAN PAULO) AMILES 20
SALVATERRA (SAN LOURENZO) A PEDREIRA 55
SALVATERRA (SAN LOURENZO) FERREIROS 65
SALVATERRA (SAN LOURENZO) O OUTEIRO 32
SALVATERRA (SAN LOURENZO) OS RAMALLÁS 27

 

tdt

Septiembre 2021
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
NovaOficinaTurismo
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia