Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

IMPORTANTE!!! - Norma para as persoas que cheguen a Galicia e para as persoas en tránsito continuado e outros supostos

As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar desde hoxe os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias

Normativa bit.ly/2OZ49nX

Listaxe de territorios bit.ly/3gjCFWd

Formulario coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/

Teléfono 881 00 20 21

 

NORMAS PARA PERSOAS EN TRÁNSITO CONTINUADO E OUTROS SUPOSTOS!!!

 

Aquelas persoas que por motivos laborais ou similares leven a cabo un tránsito continuado entre Galicia e algún territorio dos incluídos entre os que precisan realizar comunicación obrigatoria, por exemplo, persoas que residen en Galicia e traballan en Portugal, poderán facer a declaración unha soa vez, deixando sen cubrir a data de saída de Galicia. Non obstante no caso de que o desprazamento sexa a territorios ou países distintos, si deberán levar a cabo unha comunicación con cada desprazamento a distintos territorios.

No caso das persoas que realicen actividades de transporte de mercancías ou de viaxeiros e outras actividades similares, consideraranse, do mesmo modo, como persoas en tránsito continuado polo que poderán realizar a declaración unha soa vez, deixando sen cubrir a fecha de saída de Galicia sempre que se recollan na mesma os distintos territorios que teñan como destino ou como orixe fora desta Comunidade.

Do mesmo modo as persoas que residen en Galicia e que volvan dunha estancia nun territorio dos incluídos entre os que precisan realizar comunicación obrigatoria, deixaran tamén sen cubrir a data de saída de Galicia.

Se a estancia na Comunidade Autónoma de Galicia se produce por ou en varias localidades, os datos de localidade de estancia referiranse a aquela onde se pernoite. En caso de que se pernoite en varias localidades da C. Autónoma, se indicará o lugar onde se produza un maior número de pernoitas ou, no seu defecto, o primeiro lugar onde se pernoite ou se teña por primeiro destino.

No obstante as persoas que estean unicamente en tránsito pola Comunidade Autónoma, cunha orixe e un destino fora da mesma, sen pernoitar en ela e sen realizar na mesma máis actividades que as propias asociadas a dito tránsito, non precisan cubrir esta comunicación.

XuntaViaje

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia