Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño adhírese  ao Porxecto Horeca, un proxecto que ten un dobre obxectivo, por un lado a  divulgación e por outro a formación, meturado co fomento da recollida selectiva municipal.

Esta actuación realízase con fondos compartidos entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, e nos que xa participan máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2500 bares e restaurantes, que están potenciando un crecemento importante no contenedor amarelo.

Nestes días estanse facendo en Salvaterra de Miño visitas aos establecementos para informar acerca do proxecto e promover a súa incorporación, captar establecementos que queiran sumarse a iniciativa de Ecoembes e incentivar a reciclaxe.

Ademais nas visitas faise un recoñecemento do local, coa finalidade de definir os medios que necesitan para a reciclaxe (cubo, papeleira..). Entrégase información en materia de recollida selectiva a través de dípticos e guías de barras.

Temos que recordar que o sector da hostelería e da restauración xogan un papel importante para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros no noso municipio. A súa colaboración e participación é fundamental á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, briks e envases de aceiro e aluminio). A implicación do sector nesta iniciativa é primordial para que entre todos sigamos contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente.

Horeca

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia