As obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño, que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adxudicou para a ampliación dos talleres do centro, por importe de 528.891 euros, levan un bo ritmo de execución . 

As obras compatibilízanse coas clases, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de nove meses. 

A actuación ten como finalidade atender as necesidades de espazo dos ciclos de madeira, moble e cortiza, mediante a ampliación das instalacións de talleres do instituto, que ata o momento estanse impartindo nunha nave do Polígono Industrial Chan da Ponte, que costea  o  Concello de Salvaterra. Para iso empregaranse 244,67 m2; da planta inferior do actual ximnasio.

 ies 2ies