O concello de Salvaterra do Miño contará proximamente cun servizo de Orientación sociolaboral financiado pola Xunta de Galicia e impulsado polo concello que terá por obxectivo o incremento e a mellora da empregabilidade así como a cualificación das persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O servizo estará situado no edificio do concello e as persoas interesadas poderán solicitar cita a través da oficina de emprego de Ponteareas. De igual forma, terá presenza nas redes sociais para a difusión de ofertas de emprego e información sobre formación.

Orientadora