A Alcaldesa de Salvaterra de Miño reúnese cos portavoces da oposición para informar das medidas adoptadas por parte do Concello con respecto a situación de Alerta Vermella na que se encontra o municipio.

Ante a Declaración de ALERTA VERMELLA recibida por parte do SERGAS no Concello de Salvaterra de Miño, o grupo de Goberno informou aos grupos da OPOSICIÓN sobre as medidas que se adoptarán  para evitar a propagación do virus, así como compartir as diferentes impresións sobre a situación na que nos encontramos

As medidas de obrigada necesidade son as seguintes:

  • Peche do Mercadillo Municipal (martes e xoves)
  • Peche dos pavillóns
  • Peche das aulas de actividades das distintas Casas de Cultura
  • Peche do Parque de A Canuda e a zona Polideportiva
  • Peche do Museo

Estas medidas entrarán en vigor a partires de mañá xoves 22 de outubro ata novo aviso.

Dende O Concello faise un chamamento a toda a poboación  para extremar as medidas distanciamento e actuar coa responsabilidade que require a situación.

Nivel3