Con motivo da situación sanitaria na que nos encontramos é imposible realizar as actividades que víñamos facendo nos últimos anos, como o Roteiro  Nocturno de Samaín ou as actividades para @s cartiv@s.

A pesar de todo, o Concello quere porlle un pouco de ilusión a esta data e realizar un concurso a través das redes.

Samaín xa se achega !! Neste samaín tan atípico o Concello quere poñerlle un pouco de ilusión a esta data, e facemos un concurso, para pequenos e non tan pequenos.

O día 31 envía unha foto caracterizad@ con algo que teña que ver co samaín, ou dunha cabaza decorada. A que máis LIKE´S teña recibirá un agasallo.

Poñerémonos en contacto co gañador por facebook. #consetidiño #samaín

Samain