Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O cambio climático é unha realidade que xa afecta e que seguirá afectando ás nosas vidas diarias. O incremento da temperatura media, as choivas torrenciais ou os lumes forestais son algúns dos efectos que xa estamos a percibir e que seguirán aumentando nos anos a vir.

Por esta razón, o concello está actualmente a traballar nun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES), financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Este plan contemplará dous tipos de medidas: unhas encamiñadas a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (principais responsables do actual cambio climático) do Concello, e outras dirixidas a reducir as consecuencias negativas que o cambio climático poida ter sobre a poboación (tales como as secas, os incendios forestais ou as vagas de calor).

Posto que o cambio climático é unha cuestión que nos afecta a todos e todas, habilitamos unha enquisa para facer partícipe a toda a veciñanza do proceso de determinación das devanditas medidas. Coa mesma pretendemos recoller as vosas inquedanzas respecto ao cambio climático e a vosa valoración das posibles accións a incluir no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles que estamos a elaborar.

A enquisa é anónima e as respostas rexistradas serán empregadas unicamente para a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles do Concello. Agradecemos por adiantado a vosa participación.

https://forms.gle/MnbGWaFufZDYgnLB8

PactoAlcaldias

 

feder xunta

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia