Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

NotaPrensa

A finais do ano 2018 o Concello de Salvaterra de Miño levaba a Pleno a adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” e, en consecuencia a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO.  Ante a incipiente fuga de empresas cara Portugal o Equipo de Goberno considerou de vital importancia a adhesión do municipio a este protocolo para darlle saída a riqueza territorial que temos na PLISAN, aproveitando deste xeito os recursos que a mesma ofrece.

Naquel momento esta iniciativa saíu adiante soamente cos votos favorables  do Equipo de Goberno.

O paso do tempo confirmou a necesidade de dita bonificación, xa que a situación de crise cobrou por desgraza unha magnitude moi importante. A posta en marcha da PLISAN é clave para a economía local e de toda a comarca, e se hoxe falamos dunha realidade,  como é ALBO isto é gracias ao traballo conxunto das administracións e das facilidades adoptadas por este Concello. A instalación de Albo vai supor a consolidación de preto de 200 postos de traballo, máis da metade emprego feminino,  e a creación  de 22  novos postos de traballo. Ademais marcará un antes e un despois no “efecto chamada”  e atracción de posibles empresas que valoren instalarse na PLISAN.

Con todo isto, hoxe no Pleno da Corporación quedou aprobada a solicitude de Hijos de Carlos Albo SL para a bonificación do ICIO,  un factor determinante á hora de elixir Salvaterra como ubicación para a súa nova empresa. Este Equipo de Goberno considera que a creación dos postos de emprego urxe e ten maior importancia que os ingresos directos por parte duns impostos á empresa, que lonxe de confirmar a chegada da conserveira, podería traer consigo unha fuga da mesma cara outro emprazamento estragando a intención  deste Concello de xerar todos estes postos de traballo e garantir un futuro a nosa poboación.

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR A BONIFICACIÓN  DO ICIO SOLICITADA POLA EMPRESA ALBO PARA A SÚA INSTALACIÓN NA PLISAN

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia