A finais do ano 2018 o Concello de Salvaterra de Miño levaba a Pleno a adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” e, en consecuencia a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO. Ante a incipiente fuga de empresas cara Portugal o Equipo de Goberno considerou de vital importancia a adhesión do municipio a este protocolo para darlle saída a riqueza territorial que temos na PLISAN, aproveitando deste xeito os recursos que a mesma ofrece.
Naquel momento esta iniciativa saíu adiante soamente cos votos favorables do Equipo de Goberno.
O paso do tempo confirmou a necesidade de dita bonificación, xa que a situación de crise cobrou por desgraza unha magnitude moi importante. A posta en marcha da PLISAN é clave para a economía local e de toda a comarca, e se hoxe falamos dunha realidade, como é ALBO isto é gracias ao traballo conxunto das administracións e das facilidades adoptadas por este Concello. A instalación de Albo vai supor a consolidación de preto de 200 postos de traballo, máis da metade emprego feminino, e a creación de 22 novos postos de traballo. Ademais marcará un antes e un despois no “efecto chamada” e atracción de posibles empresas que valoren instalarse na PLISAN.
Con todo isto, hoxe no Pleno da Corporación quedou aprobada a solicitude de Hijos de Carlos Albo SL para a bonificación do ICIO, un factor determinante á hora de elixir Salvaterra como ubicación para a súa nova empresa. Este Equipo de Goberno considera que a creación dos postos de emprego urxe e ten maior importancia que os ingresos directos por parte duns impostos á empresa, que lonxe de confirmar a chegada da conserveira, podería traer consigo unha fuga da mesma cara outro emprazamento estragando a intención deste Concello de xerar todos estes postos de traballo e garantir un futuro a nosa poboación.
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR A BONIFICACIÓN DO ICIO SOLICITADA POLA EMPRESA ALBO PARA A SÚA INSTALACIÓN NA PLISAN