ParquePublicoO grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse para valorar a evolución da Pandemia e as distintas continxencias que trae consigo a Covid 19 e a nova modificación no nivel de Alerta Sanitaria.

Na reunión de hoxe, a Alcaldesa informou sobre a posta en contacto cos voceiros dos grupos políticos da oposición, onde se falou da posibilidade de abrir o Parque de A Canuda, a pesares de encontrarnos en nivel vermello -sen restriccións específicas-,  para ampliar a zona de paseos que ten a Vila e alivar de algún xeito o estrago físico e psicolóxico ao que nos somete o virus.

Por este motivo todos os grupos políticos de este concello consideramos que como medida paliativa e sen esquecer cumprir cos protocolos de prevención, o Parque de A Canuda abrirá as suas portas a partires do martes 17 de novembro, con instalación deportivas, parque infantil,  biosaudables e aseos pechados, en horario de 08.00 a 20.00h.

A apertura será de luns a domingo, ao encontrarse toda a zona perimetral do Concello pechada . Cómpre destacar que dada a modificación sistemática nas normativas derivadas da evolución da Pandemia, no caso de finalizar o Confinamento Perimetral, voltaríase ós horarios anteriores de Luns a Venres para evitar a visita masiva de turistas de outras localidades.

Así memo, lembramos que continúa a ser de vital importancia que a veciñanza manteña o cumprimento riguroso do Protocolo Covid para disminuir calquera risco de ameaza por contaxio, xa que este virus segue entre tod@s n@s.