O Xerente do Corsorcio e a delegada territorial de Vigo participaron na sinatura da acta de comprobación do replanteo.

O Centro pasará de catro unidades de 61 prazas a seis unidades, cun investimento de preto de 200.000€ e prevese que a obra estea a disposición das familias para o vindeiro curso.

O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo xunto á Alcaldesa participaron no inicio das obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño.

Unha obra que ven a cubrir una necesidade que existía no municipio, xa que levaba anos rexistrando listaxe de agarda, polo que esta obra mellorará as posibilidades de conciliación das familias de Salvaterra de Miño.

O proxecto prevé a creación, nunha edificación anexa, de dúas aulas, ademáis de dous aseos, contempla tamén a ampliación da sala de usos múltiples e a creación dunha zona para o aparcamento dos carriños. As obras permitirán ampliar a superficie útil da escola preto de 250m2. As actuación aínda que se desenvolverán durante o curso están planificadas para evitar as molestias mentres a escola estea en funcionamento, creando accesos independentes para as familias e os operarios e ademáis evitaranse os ruídos durante os momentos de descanso das nenas e menos.

A Consellería de Política Social, a través do Consorcio, asinou un convenio co Concello para o financiamento destas obras por un importe de algo máis de 200.000 euros. A Xunta investirá 161.000 euros e o Concello de Salvaterra de Miño, a  través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, asumirá a cantidade restante, ademáis dos custes derivados da redacción do proxecto, dirección de obra, etc. Está previsto que a Consellería de Política Social invista, una vez executadas as obras, 38.000 euros mais no equipamento das aulas.

EscolaInfantil1EscolaInfantil2