NotaPrensa

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE REMATAR OS TRÁMITES E FORMALIZAR AS ESCRITURAS DE COMPRA PARA OS TERREOS ONDE SE UBICARÁ A DEPURADORA DO MENDO.

O Concello de Salvaterra de Miño, dentro do seu programa para incrementar a rede de saneamento municipal, ven de rematar o procedemento de compra, coa escrituración de 14 fincas  (máis de 4.000m2) onde se ubicará a futura depuradora do Mendo e que dará saída a rede de saneamento das parroquias de Fiolledo, Meder, Leirado e Soutolobre, que teñen as liñas xerais instaladas e na cal verterá tamén a parroquia de Oleiros.

Unha inversión de máis de 230.000€ para adquirir os terreos necesarios cara a construción dunha infraestrutura prioritaria para o Equipo de Goberno como é a Depuradora do Mendo, unha obra valorada en 1.869.308,84€.