Esta semana pasada  a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o 1º Tenente de Alcalde, Ernesto Groba e a Técnica en orientación laboral, mantiveron unha xuntanza có equipo directivo de Conservas Albo có gallo de ultimar os preparativos para o inicio das obras da construción da nave de dita empresa na PLISAN. Está previsto que as obras de construción das novas instalacións da conserveira comecen en breve e que estean rematadas a principios de 2022, co fin de por en funcionamento a que será unha das  maiores fábricas  e máis competitivas, despois de que a finais do mes de decembro se lle concedera, a través da Xunta de Goberno Local, a preceptiva licenza de obras.

A instalación efectiva de Albo suporá un pulo importante ao emprego en Salvaterra e na súa contorna e nese senso, marcarase unha liña de traballo coordinada e efectiva  entre o Concello e o departamento de recursos humanos da empresa que buscará dar resposta as demandas efectuadas pola multinacional a través do departamento de Orientación laboral do municipio, un servizo que o Equipo de Goberno puxo en funcionamento este ano e que cre que é esencial, neste momento máis ca nunca, co fin de xerar sinerxías e dar respostas as demandas reais dos seus veciños e veciñas e do propio tecido empresarial.

As persoas interesadas poderán pasar pola recepción do concello e solicitar cita previa para deixar o seu cv e ter unha entrevista coa Técnica en orientación.

Albo