AtencionAnte a situación epidemiolóxica que estamos a sufrir e o aumento considerable de casos positivos de COVID-19 que se está dando no noso Concello, o SERGAS está comezando a chamar progresivamente aos nosos veciños e veciñas para facer un cribado aleatorio a 2.600 persoas.

Dende o Concello pregamos a máxima colaboración e que se acuda a facer dito cribado, xa que o resultado do mesmo axudaranos a facer unha diagnose da situación do noso municipio e desta maneira intentar frear os contaxios.

#consentidiño