Atencion 

Ante o novo comunicado emitido pola Xunta de Galicia no DOGA o pasado xoves 25 de febreiro, as PISTAS POLIDEPORTIVAS de A CANUDA abrirán novamente as súas portas hoxe venres 26 de febreiro para que os veciños e veciñas podan realizar, sempre co cumprimento dos protocolos establecidos, as distintas actividades deportivas que ofrecen.

É de vital importancia que neste inicio da nova desescalada sexamos rigurosos e manteñamos as pautas do distanciamento e de uso da máscara facial para evitar unha nova propagación do virus que impida unha volta á normalidade con seguridade.

Xuntos sairemos adiante!

SENTIDIÑO!!