ParquePublico

O GOBERNO DE SALVATERRA DE MIÑO ANUNCIA A APERTURA DO PARQUE INFANTIL DE “A CANUDA” E O PECHE DO PARQUE COMPLETO OS DOMINGOS

Logo de recibir o comunicado emitido pola Xunta de Galicia no DOGA, o Goberno de Salvaterra de Miño acordou hoxe venres a APERTURA do Parque Infantil de “A Canuda” dada a Baixa incidencia de contaxios rexistrados nos últimos recontos.
Ao mesmo tempo e dada esta nova desescalada, finalizan os peches perimetrais de practicamente toda a provincia, polo que Salvaterra de Miño atópase no “punto de mira” de posibles centos de turistas de cara á fin de semana; isto supón un risco moi elevado na propagación da COVID e tendo en conta os antecedentes deste virus, O Goberno tomou a determinación de PECHAR TODO O RECINTO AOS DOMINGOS. Ademais do peche dos domingos, os servizos do recinto permanecerán pechados por motivos máis que evidentes, xa que tamén constitúen un foco de contaxio para tod@s @s usuari@s.
Si ben é certo que o número de contaxios está baixando notablemente, tamén o é que temos que continuar sendo moi prudentes e actuar con moito “SENTIDIÑO”se queremos frenar dunha vez por todas esta Pandemia.
É unha ledicia anunciar a apertura do Parque Infantil, así como as Pistas Deportivas de “A CANUDA”, pero sen esquecer facer ese chamamento a toda a veciñanza…

SENTIDIÑO!!!!!