Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velutina.

Por mor da situación sanitaria é imposible realizar as charlas informativas que se estaban realizando anualmente, pero o Concello fai unha chamada á poboación sobre a importancia do trampeo neste momento, XA QUE É O MOMENTO DE COLLER AS RAIÑAS, e con un simple xesto, o de colocar unha trampa, podemos facer moito. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 100 trampas e máis de 200 doses de líquido atraínte.

Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido.

Velutina