Luto

As tres forzas políticas PP, PSOE e BNG  con representación no Pleno da Corporación de Salvaterra de Miño, mostran o seu pesar pola triste noticia da morte de tres veciños do municipio a causa dun fatídico accidente de tráfico, e trasladan as súas condolencias e todo o seu apoio á familia.

Ademais acordase decretar dous días de luto oficial, os días 20 e 21 deste mes, en todo o termo municipal, durante os cales, as bandeiras ondearán a media asta en tódolos edificios municipais.