A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO REÚNESE COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PARA PERFILAR DIVERSOS PROXECTOS EXTRATÉXICOS PARA O CONCELLO

IMG 20210707 171913 resized 20210707 061922580A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez ven de reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez co fin de presentarlle dous proxectos estratéxicos para o seu municipio. Por un lado un proxecto maduro, que se leva tramitando dende varios anos en diversos organismos, e que ten unha gran importancia a nivel medioambiental como é a pasarela de acceso a Illa Fillaboa, un proxecto para o que se está a valorar o seu posible encaixa nos novos Fondos Europeos de Recuperación.

A Illa Fillaboa conta con máis de 100.000m2, é a única illa de titularidade pública no Río Miño, está dentro da Rede Natura 2000, e nestes momentos estanse levando diferentes accións para pola en valor e abrila ao público a través de visitas programadas en barco. Coa construción desta pasarela daríase un paso máis e fariamos totalmente accesible ao público un entorno que temos que coidar e potenciar, ademais do valor didáctico e pedagóxico que se lle quere dar a través do Centro de Interpretación que existe no seu interior, ademais tamén se proveería aos pescadores dun aceso seguro aos emprazamentos nos que se desenrola a súa actividade.

Trataríase dunha estrutura, unha pasarela peatonal que uniría a beira norte do río Miño e a Illa Fillaboa, unha ponte colgante con atirantamento, con un trazado de 122m dende o borde do camiño de aceso (inicio da rampla norte) ata que a rampla sur toma unha dirección perpendicular para o descenso sobre a illa, en total con acesos estaríamos a falar dunha lonxitude de 163,5m.

Por outra banda a Alcaldesa de Salvaterra presentoulle tamén unha memoria  que se enmarca dentro do proxecto da recuperación do Recinto Amurallado, neste caso o remate da humanización das rúas interiores, un proxecto que contempla a humanización, o soterramento de liñas e a restauración do adoquinado das rúas interiores, co fin de seguir avanzando na posta en valor do patrimonio histórico cultural.

PASARELA 2PASARELA 3 copia