Un ano máis a Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias a través do programa de dinamización da lectura “ler conta moito”.
As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de outubro diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.
Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e obradoiros que perseguen dunha maneira lúdica chegar ao maior número de nenos e nenas, un programa enfocado a fomentar o hábito da lectura.
Por segundo ano consecutivo, e despois do éxito acadado o ano pasado a pesares da situación sanitaria, as actividades de dinamización á lectura dan un salto ás diferentes parroquias que conforman o noso Concello, e que poden ter máis difícil acceder dun xeito habitual á biblioteca municipal.
As actividades están dirixidas a nenas e nenos maiores de 7 anos, e serán con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..