Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Cándido Carrera, o copiloto Salvaterrense que ven de acadar o 3º posto no Rally RACC Catalunya- Costa Dourada do Mundial de Rallies con Dani Sordo, converténdose no séptimo copiloto Español da historia en facer pódium nun Mundial (primeiro Pontevedrés), visitou hoxe á Alcaldesa do Concello, Marta Valcárcel Gómez, e ao Concelleiro de Deportes Edgar Martínez Philippon na Casa do Concello.

Este encontro prodúcese no momento máis doce da carreira do copiloto, xa que tras a recente incorporación como compañeiro de Dani Sordo, os froitos non se fixeron agardar, logrando o seu primeiro pódium nun Mundial, pondo aos seus veciños e veciñas pendentes de todas as canles de televisión, cheos de ledicia e orgullo cos resultados obtidos.

En verbas da Rexidora local, “é un orgullo como Alcaldesa que un dos nosos deportistas sexa o exemplo tanxible de que o éxito é posible con traballo e esforzo, ademais de modelo a seguir para os máis cativos: agora en Salvaterra, tamén se soña con chegar a ser como Cándido Carrera”.

Pola súa parte Edgar Martínez di que “nestes tempos tan complexos derivados dunha crise sanitaria mundial que afecta de xeito moi directo tamén ao deporte, están saíndo outros deportistas locais ademais de Cándido con resultados moi importantes a nivel nacional, polo que fala moi ben dos hábitos saudables e disciplinados dos nosos e das nosas deportistas”.

Así mesmo, O Concello agradece a Cándido o tempo e a conversa mantidos, desexándolle sorte e novos éxitos na súa carreira, esperando dar máis novas coma esta en pouco tempo.

Cándido

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia