Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

RenovablesO Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar diversas iniciativas que avanzan co compromiso que adquiriu este grupo de goberno coa aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible de Salvaterra de Miño.

Desta maneira ven de aprobar inicialmente varias modificacións no seus impostos que incentivan o uso de enerxías limpas. As modificacións mais salientables son un desconto do 30 por cento da cota íntegra do Imposto sobre Bens Inmobles nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol, durante os tres períodos impositivos seguintes ao da instalación dos mesmos. Unha bonificación no Imposto sobre a Circulación de Vehículos de Tracción Mecánica dun 50% cunha duración indefinida a partir do ano seguinte ao da primeira matriculación para os vehículos máis eficientes “cero emisións” e do 50% durante os 5 anos naturais posteriores ao de primeira matriculación para os vehículos distintivo ambiental etiqueta eco. E por último unha bonificación do 30% da cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables ou sistemas de coxeración no Imposto de Actividades Económicas, durante tres anos.

E por último, pero tamén na liña de fomentar o uso do transporte colectivo, este concello ven de aprobar o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia