O Concello de Salvaterra de Miño está realizando nestes momentos a obra de mellora da rede de pluviais en Lamas – Meder, a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial.

Con esta actuación, valorada en máis de 46.000€, mellorase o estado da infraestrutura existente, debido a falta e o mal estado da rede de pluviais que provocou un deterioro na estrada municipal.

As obras consisten na instalación dun novo colector de pluviais enterrado de PVC e a construcción de novas   arquetas. Ademais de realizar unha nova cuneta de terra, reparar a cuneta exitente de formigón, para a continuación realizar o desbroce e limpeza superficial do terreo, barrido de firme para acabar cunha nova capa de rodadura realizada con mezcla bituminosa en quente.

LAMAS1LAMAS2