Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Ante a inminente e recente subida de contaxios da COVID-19 que está afectando a todo o País, a nosa Comunidade e por ende ao noso Concello, non podemos mirar cara outro lado e por iso o Grupo de Goberno  do Concello de Salvaterra de Miño ven reunirse para tomar unha determinación tan contundente coma precisa: CANCELAR A NOSA TRADICIONAL FESTA DO VIÑO ESPUMOSO DA DO RÍAS BAIXAS.

Ainda que con moita mágoa xa que sabemos que se trata dunha celebración que forma parte do noso ADN, non queda outra que actuar de inmediato e de xeito coherente, xa que levamos feito un longo traballo que vai xa cara os dous anos e onde se perderon numerosas vidas por mor desta Pandemia.

É por iso que a pesares de ter toda a programación feita de cara a fin de semana, na que tíñamos depositadas moitas das ilusións propias dun festexo tan tradicional, mais se cabe logo dun longo tempo restrinxidos, estamos na obriga de afrontar un novo revés sanitario e paliar así o impacto deste rebrote.

O Concello tamén estaba ultimando a programación do Nadal para publicar nas nosas Redes Sociais, pero quedan tamén suspendidas TEMPORALMENTE valorando a evolución do escenario nos vindeiros días e semanas para tomar unha decisión final.

Estamos nuns intres cruciais para deter unha nova expansión do Coronavirus, e proba disto é a cancelación dunhas festas tan importantes para os nosos veciños e veciñas, polo que pregamos un pouco de responsabilidade dende xa, e que teñamos moito SENTIDIÑO nas datas que se aveciñan.

 

Cancelacion1

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia