Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

MuseoO Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca, no municipio de Salvaterra de Miño, está sendo todo un referente cultural sobre a vitivinicultura en España, como así o avala o número de visitantes recibidos dende a súa apertura en febreiro do 2019.

Neste 2021 rexistra un claro aumento no número de visitas con respecto ó ano anterior, grazas o respiro que neste verán e outono nos deu a evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, dando como resultado máis de 400 itinerarios guiados.

O visitante destaca o bo estado de conservación das instalacións, os vangardistas recursos museísticos, a calidade dos viños do Condado do Tea e o trato persoal e individualizado recibido durante as visitas guiadas. Como consecuencia desta axeitada e profesional xestión, o Museo da Ciencia do Viño, consegue por segundo ano consecutivo a distinción Q de Calidade Turística que premia o bo facer en todos os niveis de interacción entre a entidade administrativa e o visitante.

O turismo enolóxico estase convertendo en Galicia nun dos principais reclamos turísticos da comunidade xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar infinidade de actividades complementarias arredor do mundo do viño: é o caso da gastronomía, da cultura, do patrimonio ou da tradición,  capaces de xerar redes invisibles de valor engadido.

Así, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo cen por cen didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Por outra banda, camiña co obxecto de potenciar a riqueza existente da zona vinícola na que está asentado e formar un destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Paralelamente, ó longo dos vindeiros meses iranse presentando novas actividades e programas vencellados a este dinamizador complexo enoturístico: o Museo da Ciencia do Viño.

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia