Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

CAMPUS DE VERÁNCo remate do curso escolar moitas familias se atopan con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campamento de Verán, cofinanciado  pola   Deputación de Pontevedra

Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade e realizarase nos meses de xullo e agosto en horario de 8:45h a 14:15h no C.E.I.P Leirado.

O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro quendas, nos meses de xullo e agosto.

Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa aula matinal dende as 7:30h e servicio de comedor ata as 16:00h.

Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e terán prioridade aquelas familias que os pais traballen nese horario e as familias monoparentais.

O prazo de inscrición será do 2 ao 16 de xuño e poderase facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do concello.

 

iconoPDFBASES CAMPAMENTO

 

iconoPDFINSCRICIÓNS

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia