AxudaLibrosUn ano máis O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en xunta de gobernó local as bases para a concesión das axudas para adquisición de material escoclar infantil para o curso académico 2022/2023.

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2022, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org

 

iconoWORDAXUDAS MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS

E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN

INFANTIL

 

        O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

 

          O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2022, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org

         

          Salvaterra de Miño, 21 de xuño de 2022