Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O próximo SÁBADO 8 DE OUTUBRO terá lugar ás 20:00 horas na CASA DE CULTURA do Concello de Salvaterra de Miño, o documental "MAXI, A ESENCIA DE VIVIR" . Esta visualización está feita pola Asociación DisCamino cun excelente guión e unha brillante dirección a cargo de Víctor Bello.

Maxi, A Esencia de Vivir é o documental que pretende ser un medio de comunicación entre a comunidade de parálise cerebral e o resto da sociedade, sendo Maxi un buque insignia para todas estas persoas que loitan a diario por integrarse e superarse. É unha forma de poñerse na pel destas persoas e experimentar seus logros, a súas dificultades, os seus soños... E tamén é un modo de achegarnos á realidade dunha sociedade que non está aínda preparada para a integración destas persoas, que ten que reeducarse ante a parálise cerebral e debe coñecer mellor o problema e implicarse nel o máximo posible.

Por todo iso, queremos convidarvos a que veñadas con entrada libre ata esgotar aforo, xa que nos permite ver a realidade dende outra perspectiva, moi necesaria para a práctica da empatía que tanta falta nos fai na sociedade actual.

Ficha Técnica:

    GUIÓN & DIRECCIÓN: Victor Bello

    REALIZACIÓN & EDICIÓN: Manuel Díaz Risco.

    CÁMARAS: Juan Manuel Pichel & Maxi Contenti & Alberto Bello & Manuel Díaz Risco

    DIRECCIÓN MUSICAL: Germán Duarte & Manuel Díaz Risco

    PRODUCCIÓN EXECUTIVA: Victor Bello

    VOZ EN OFF: Maximiliano Masip & Suso Cobián

Documental

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia