MÁIS DE 1200 PERSOAS PASARÁN UNHA NOITE TERRORÍFICA NO ROTEIRO DE SAMAÍN DE SALVATERRA DE MIÑO

 

A noite do 31 de outubro Salvaterra de Miño converterase no foco de atención de máis de 1200 valentes que se animaron a facer o tradicional Roteiro de Samaín.

Este Roteiro no que cada ano asisten cada vez máis participantes, agocha numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite na que os “mortos voltan á vida e onde zombis, pantasmas, asasinos sanguinarios e demais monstruos” agardan o paso dos habitantes e visitantes de Salvaterra de Miño para facerlle sentir o Samaín dun xeito moi realista, terrorífico e sobre todo moi divertido.

Ao mesmo tempo, o Roteiro porá fin á aventura no Campo de Fútbol de O Casal, onde agarda para tod@s un chocolate quente a altas horas da madrugada e onde os aventureir@s intercambiarán as impresións do percorrido.

 

NOTA: A ORGANIZACIÓN INFORMA DE QUE O AFORO PARA ESTA ACTIVIDADE XA ESTÁ COMPLETO, POLO QUE NON RECOLLEN MÁIS INSCRICIÓNS DEBIDO AO ALTÍSIMO NIVEL DE PARTICIPACIÓN PARA GARANTIZAR UNHA CORRECTA ORGANIZACIÓN NOS TEMPOS DOS GRUPOS.

AFORO COMPLETO SAMAÍN