Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Orientación LaboralO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ATENDEU PRETO DE 500 USUARI@S DENDE O MES DE XANEIRO 2022.

O Concello de Salvaterra de Miño ten en marcha o Servizo de Orientación Laboral, a través da subvención a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral da Xunta de Galicia, dende o mes de outubro do 2020.

Só durante o ano 2022 atendéronse preto de 500 usuari@s do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego, prestando un servizo de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc.

Ao mesmo tempo, o Servizo de Orientación levou a cabo nestes meses 138 IPIs, dos cales aínda están abertos 22. Os IPIs son itinerarios personalizados de inserción onde se traballa individualmente durante 6 meses todos os aspectos da busca para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes nesa memsa busca e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuari@.

Dende este departamento xestiónase unha bolsa de emprego que conta con máis de 200 persoas  e que  neste ano atendeu 32 ofertas de emprego.

Ademais, por medio das Redes Sociais fanse publicación de ofertas de traballo, emprego e formación no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e proporcionar máis opcións aos nosos veciños e veciñas.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia